viernes, 19 de abril de 2013

O PARENTE VIVO MÁIS PRÓXIMO DA XIRAFA:O OKAPI

O Okapi é  parente da xirafa. É un rumiente que vive nas selvas da República do Congo. Pola forma do seu corpo, recórdanos a unha xirafa enana ( 2 metros de lonxitude e 250 kg de peso, a xirafa chega a medir 5 metros) de patas e pescozo moi curtos,aínda que o pelo é totalmente distinto, tirando a vermello en todo o corpo menos nas patas e glúteos que son blancos con raias negras, semellantes a unha cebra.
 Como as xirafas, ten dous cornos pequenos recubertos de pelo e unha longa lingua, coa que pode limpar o interior das orellas.
O corpo do Okapi parécese oito ao dun cabalo.
Os Okapis son animais predominantemente solitarios que as veces forman pequenos grupos de forma ocasional. As femias paren unha única cría en agosto ou outubro despois dunha xestación de case 15 meses.

Ao parecer, as crías máis xóvenes non son capaces de diferenciar a súa nai doutras femias e poden ser  adoptadas por outras okapis con facilidade no caso de perder a súa proxenitora ( defende as súas crías  as veces hasta a morte, incluso si se enfronta co seu único depredador, o leopardo). Chegan a vivir uns 30 anos. O sentido máis desenvolvido é o olfato, seguido do oído.
Fuente: Wikipedia.org