
Que será esta
especie de bolsiña que podemos atopar cando damos un paseo pola
praia ou polos rochedos costeiros, de aspecto coriáceo, de cor
castaña, máis clara ou máis escura, cuns zarciños que están adosados a
ela, cunha abertura por un dos extremos?
Pois
ben, estas formacións teñen unha procedencia animal. Veñen sendo, nin
máis nin menos, que as envolturas do ovo (chamada petaca) de peixes como a pintarroxas,
e cumpren o mesmo papel que a caca dos ovos de galiña, ou sexa,
protexer ao embrión mentres se desenvolve no interior. Cando chega o
momento da eclosión, saen polo extremo máis recto. Os zarciños
serven para que este ovo quede suxeito ás algas, deste modo, evitan
que as ondas ou correntes os despracen dun lado para outro, á
deriva.
E QUE SERÁ ESTO?
E QUE SERÁ ESTO?

Esta
especie de bolsa globosa, case que de aspecto cadrado, cor negra e con
dúas prolongacións en cada extremo podemos atopalas con moita
frecuencia nas nosas praias e rochedos costeiros. Pero, que sera?
Estas bolsiñas son o "envoltorio" dos ovos da raia, ese animal plano mariño emparentado coas quenllas, xa que ámbolos dous son peixes cartilaxionosos.
Esas prolongacións vanlle servir a este ovo para suxeitarse ás
algas e, deste xeito, evitar que as correntes mariñas os despracen
libremente. De aspecto coriáceo cando está seco, esta bolsa fai o mesmo
oficio que a cáscara do ovo de galiña: protexer ao embrión.