martes, 30 de abril de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Este ano a RAG adica o día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, autor, actor, director e produtor teatral.

Vidal Bolaño é unha figura esencial para comprender o evoluír do teatro galego dende os anos 70 deica hoxe, dotando á nosa escea dun carácter universal sen renunciar aos nosos sinais de identidade.
Para axudarnos a coñecer mellor a RVB elaboramos unha presentación, que en breve se completará con outras ferramentas que andamos a artellar.

Os datos que recollemos na presentación foron tirados da web da Real Academia Galega (http://www.realacademiagalega.org/letras-actual) e do libro «Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño» de Camilo Franco e editado por Biblos, dúas referencias que podemos (e debemos) consultar.