miércoles, 30 de septiembre de 2015

Abre os teus ollos e mira cara o ceo!

1 de outubro de 2015

Ola compañeiros!


Xa me coñecedes, verdade? Son o amiguiño de Julia, a miña creadora.Tamén son moi amigo do voso gúía Tuercas.
Eu vivo na lúa e gustaríame moito  que coñecerades como é, como se move....
Queredes vir? Ben sei que vai ser  algo complicado, pero, non imposible.
Facede uso da vosa imaxinación e preparade a viaxe!
Facede unha lista das cousas que ides a precisar.


   Estarei esperándovos!!!! Unha aperta!

                                        Robociño


P.D. Mandareivos algo de información. Estade atentos!