martes, 20 de octubre de 2015

RETO POÉTICO: O UNIVERSO

                                 20/10/2015
Ola rapaces!

Hai uns días que non podo estar con vós. Teño unha misión especial moi importante que resolver e por iso  levo este disfraze.

Agora que xa sabedes moitas cousas sobre o Universo, e antes do voso regreso a Terra propóñovos un RETO POÉTICO, pero esta vez tédelo que facer en equipo.

Tedes que formar equipos de catro ou cinco compoñentes. 

A misión de cada equipo será:

Ø Elixir catro palabras relacionadas co Universo e compartilas cos demais equipos
Ø Sorteamos as palabras entre os equipos.
Ø Con cada unha das palabras buscaredes no dicionario a súa definición, buscaredes información nos libros, en internet.
Ø  Con toda a información  tedes que facer un pequeno poema e ilustralo.
Querémolos moi chulos para que nos quede de recordo.

                       Unha aperta
                        
                         Tuercas
 

P.D. Recordade que é  un pouco difícil traballar en equipo, pero o traballo de cada un é moi, moi importante  para todos! Escoitade as ideas dos compañeiros, respectádevos e non hai ninguén máis importante que ninguén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario