O vindeiro venres, 20 de novembro, é un día especial no almanaque xa que
celebraremos o Día Universal da Infancia ou, tamén coñecido como o Día
Internacional dos Dereitos no Neno.
Estes días estivemos investigando en internet, en libros, con lecturas, vídeos, contos, que todos os nenos e nenas
son persoas co dereito a ser coidado, educados, protexidos e queridos. Persoas
con dereito a divertirse, a aprender a expresarse. Persoas con dereito a ir á
escola, a recibir os coidados médicos que precisen, a alimentarse para medrar
sen ter en conta o seu lugar de nacemento, a súa relixión, a súa cor....
Para que nos vos esquezades que todos os nenos e
nenas do mundo temos estes dereitos, botádelle unha ollada a este fermoso mural
que fixemos para lembralos.
Así foi como o fixemos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario