lunes, 18 de enero de 2016

Entre todos, a PAZ!

Pensamos que a Paz é cousa de todos.  Queredes traballar pola Paz?

Propómosvos un traballo en grupo. Cada grupo debe escribir unha idea que favoreza a convivencia entre todos. Logo compartirémola cos demais.

Este vai ser o traballo: Un puzzle con mensaxe

  • Elixide un debuxo  ou lámina
  • Pegalo nun folio de cor
  • Escribide a palabra paz  sobre o debuxo como queirades
  • Recortar o debuxo en seis partes .
  • Cada neno colleredes unha das partes do debuxo recortado e escribiredes algo que vos pareza importante para lograr a Paz.
  • Xuntamos as partes de cada puzzle, metémolas nun sobre  e compartímolas cos demais compañeiros.
Podedes elixir un destes debuxos ou  outro que vos guste, tamén podedes debuxar.




No hay comentarios:

Publicar un comentario