jueves, 28 de enero de 2016

Viaxamos a Vigo

Hoxe foi un día especial! 
Viaxamos a Vigo para ver o grupo de Percusión Odaiko.  

A base deste espectáculo foi a sorpresa e a complicidade de nenos e percusionistas. 

Os instrumentos de percusión utilizados chamaron especialmente a atención e marabillaron aos nenos: o propio corpo, bonecos con pitos, instrumentos musicais infantís, unha marimba feita con canas de bambú, tubos de plástico..... que xunto coa comicidade dos músicos fixeron a ledicia dos nenos.


Ao rematar a audición, dirixímonos cara a explanada do Clube Náutico, porto e zona Franca. Os nenos  puideron gozar dunha vintena de dinosauros que destacan pola súa lonxitude, altura e realismo. Algúns miden ente 4 e 5 metros. Están fabricados en fibra de vidro e silicona.
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario