lunes, 15 de abril de 2013

A POTA QUE TROTA


A pota que trota, escrito por Patacrúa a partir dun conto tradicional danés, con ilustracións de Kristina Andres e publicado por OQO conta a historia dunha pota que é quen de axudar aos pobres co que lles sobra aos ricos. Fala do egoísmo dalgúns, da solidariedade doutros e de que o máis xusto sería compartir o que nos sobra cos que non teñen nada.

O libro é moi bonito, coma todos os de OQO, pero agora tedes a ocasión de velo neste vídeo e, de paso, reflexionar un chisco sobre o mal repartido que está este mundo no que uns poucos teñen tanto e tantos teñen tan pouco.