miércoles, 30 de marzo de 2016

De entrevistadores a entrevistados!

Onte, comezamos un novo trimestre, e recibimos unha visita moi especial. 

Un grupo de alumnos e mestres do centro San Xerome! Eles forman parte do equipo encargado da elaboración da revista escolar. Traían unha misión:

Facernos unha entrevista!

Puxémonos algo nerviosos, non sabíamos que nos ían preguntar. Contestámoslle a case todas as preguntas, algunhas eran moi difíciles e cos nervios...

Querían saber como nos sentimos participando no proxecto BODY.

Como nos sentimos participando, xunto cos demais centros,  na actividade coloquio -entrevista a catro deportistas da localidade.

Tamén se interesaron por saber o proceso que seguimos para preparar a entrevista. Contámoslle como o fixemos.

Que foi o que máis nos gustou.

Se aprendemos algo dos maiores da Residencia da terceira idade.

E máis preguntas.


Aproveitamos a ocasión para invitalos a visitarnos de novo, xa que nos contaron que algúns deles son uns expertos en fotografía, e queremos que nos ensinen un chisco o que fan.


Graciñas!!!  Esperámosvos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario