Onte, comezamos un novo
trimestre, e recibimos unha visita moi especial.
Un grupo de alumnos e mestres
do centro San Xerome! Eles forman parte do equipo encargado da elaboración da revista
escolar. Traían unha misión:
Facernos unha entrevista!
Puxémonos algo nerviosos, non
sabíamos que nos ían preguntar. Contestámoslle a case todas as preguntas,
algunhas eran moi difíciles e cos nervios...
Querían saber como nos
sentimos participando no proxecto BODY.
Como nos sentimos participando,
xunto cos demais centros, na actividade
coloquio -entrevista a catro deportistas da localidade.
Tamén se interesaron por saber
o proceso que seguimos para preparar a entrevista. Contámoslle como o fixemos.
Que foi o que máis nos gustou.
Se aprendemos algo dos
maiores da Residencia da terceira idade.
E máis preguntas.
Aproveitamos a ocasión para
invitalos a visitarnos de novo, xa que nos contaron que algúns deles son uns
expertos en fotografía, e queremos que nos ensinen un chisco o que fan.
Graciñas!!! Esperámosvos!!!
















