Mostrando entradas con la etiqueta Os nosos traballos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os nosos traballos. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de junio de 2016

Entrega de diplomas

Despois de todo un curso traendo noticias deportivas, chega o momento de recoller os merecidos diplomas!

domingo, 19 de junio de 2016

Dibujando pinturas rupestres

Despois de investigar tanto sobre a Prehistoria, chegou un momento especial, imitar aos nosos antepasados e as súas pinturas rupestres.

sábado, 2 de abril de 2016

Presentamos o libro O xardín de Irene

Como  dixemos nunha entrada anterior, despois de ilustrar as poesías do libro O Xardín de Irene, chegou  o momento de desvelar a sorpresa que tiñamos agochada.

Presentación do libro" O xardín de Irene" no Kamishibay que acaba de mercar  o Equipo da biblioteca para o cole.

Estabamos tan ilusionados coa estrea do Kamishibay, que decidimos invitar aos nosos compañeiros de primeiro e segundo para que desfrutaran tanto coma o estabamos desfrutando nós.

Foi unha experiencia xenial e sentímonos  moi , moi contentos do resultado final.

Agora, queremos compartilo con todos! 



Estas son as imaxes de todo o proceso!

martes, 8 de marzo de 2016

Reciclaxe da poda

Estes días andiveron os xardineiros do cole de San Xerome podando as árbores do cole.. Estaban enormes!  Nos preguntábamos que ían facer con tantas pólas.
Hoxe, descubrimos que facían con elas: reciclalas.  Pero sabedes como?


Cecilia, unha xardineira moi especial, porque foi alumna deste centro, xunto con outros compañeiros e os seus monitores, explicounos como  as trituran para logo utilizar nos xardíns do pobo e así evitar que medren as malas herbas ao mesmo tempo que serven de abono.




miércoles, 27 de enero de 2016

miércoles, 20 de enero de 2016

Lendo etiquetas de productos alimenticios

Esta semana estamos traballando  os alimentos. Aprendemos que son os nutrientes e cales son.

Hoxe, estivemos aprendendo a ler  e interpretar as etiquetas do valor nutricional dalgúns dos alimentos que tomamos a diario.





 Foi moi interesante descubrir a información que nos ofrecen as etiquetas!!




Xa sabemos onde podemos informarnos que nutrientes teñen os alimentos e cuales son máis aconsellables tomar cada día.



martes, 15 de diciembre de 2015

Lecturas de Nadal

Nestes días, na hora de ler, estamos lendo lecturas relacionadas co Nadal: Contos, poesías, lendas...



lunes, 23 de noviembre de 2015

Traballando a Castelao

Xa coñecemos a biografía de Daniel Castelao. 

Agora que sabemos que foi pintor e debuxante entre outras moitas cousas, estamos reproducindo parte da súa obra e versionándoa. Nesta ocasión con acuarelas e un pequeno toque con ceras

sábado, 21 de noviembre de 2015

lunes, 16 de noviembre de 2015

Traballando os Dereitos dos Neno

O vindeiro venres, 20 de novembro, é un día especial no almanaque xa que celebraremos o Día Universal da Infancia ou, tamén coñecido como o Día Internacional dos Dereitos no Neno.

Estes días estivemos investigando en internet, en libros, con  lecturas, vídeos, contos, que todos os nenos e nenas son persoas co dereito a ser coidado, educados, protexidos e queridos. Persoas con dereito a divertirse, a aprender a expresarse. Persoas con dereito a ir á escola, a recibir os coidados médicos que precisen, a alimentarse para medrar sen ter en conta o seu lugar de nacemento, a súa relixión, a súa cor....


Para que nos vos esquezades  que todos os nenos e nenas do mundo temos estes dereitos, botádelle unha ollada a este fermoso mural que fixemos para lembralos.


Así  foi como o fixemos!!!


domingo, 15 de noviembre de 2015

jueves, 22 de octubre de 2015

Taller de escritura: Reto poético O Universo

O noso amigo Tuercas, desafiounos a facer un reto poético sobre o Universo, en equipo.

Dandounos as  instrucións do que tiñamos que facer e como. Pincha no enlace: Reto poético.

Rapidamente nos puxemos en marcha.

Primeiro  formamos os equipos.



De seguido eliximos as catro palabras que máis nos gustaban sobre o Universo.



A continuación chegou o sorteo das palabras



E... a traballar!  



Este é o resultado final!






martes, 20 de octubre de 2015

Portadas dos nosos libros favoritos!

Despois de recibir a invitación para participar no novo reto da biblioteca, rapidamente nos puxemos a traballar. 

Cada un de nós elixiu o seu libro favorito e  fomos contándolle aos nosos compañeiros porque nos gustaba tanto o libro.

Así foi como o fixemos.






E cando todos estiveron rematados os fomos entregar a biblioteca.

Para que serán? Estamos intrigados!!!!

viernes, 16 de octubre de 2015

Que divertido: As fases da lúa

Hoxe estivemos xogando con galletas  e simulamos as disferentes fases da lúa. Os nosos compañeiros de 3º A foron un bos axudantes.







jueves, 15 de octubre de 2015

RETO CUMPLIDO!!!

O pasado  5 de outubro recibimos unha invitación de Bibliopepiño para participar no RETO: "Fai adiviñas dun conto tradicional"


O motivo deste RETO é nada máis e nada menos que conmemorar o Día das Bibliotecas.

Decidimos escoller o conto " Os tres porquiños" Enseguida baixamos a biblioteca a buscalo.Lémolo varias veces entre todos.



Rapidamente nos puxemos a facer adiviñas, foi un pouco difícil, pero foron saíndo pouco a pouco.



RETO CUMPLIDO!!!!   PARABÉNS RAPACES!!!

miércoles, 14 de octubre de 2015

Preparados para comezar a viaxe!

Despois de investigar que precisabamos para viaxar a lúa: medio de transporte, alimentación, vestimenta, roupa, superficie lunar, movementos.... Xa temos  todo listo.

Comeza a conta atrás! 


         Que nerviossss........


martes, 13 de octubre de 2015

Xa temos as naves espaciais!!!

                                       13  de outubro 2015

Querido Tuercas:  

Como van os preparativos  para recibirnos?

Xa temos as nosas naves preparadas, custounos un pouco deseñalas pero, xa están rematadas.

Como podes ver son de formas, tamaños, cores e deseños diferentes.  

Todas son  moi cómodas e estamos desexando usalas.

Seguimos  confeccionando os nosos traxes espaciais e investigando para que a viaxe sexa un éxito.

Vémonos en nadiña!

                 
              Un abraciño  
     
          Os nenos e nenas de 3º

P.D. Mandamoste as fotos!


domingo, 11 de octubre de 2015

Experimentando con galletas!!!

Para entender mellor as fases da lúa....

   UN XOGO CON GALLETAS 
                             
     

                                        Lúa chea                                        



                                        Cuarto minguante







                                 Lúa nova           


                                                                   

                                      Cuarto crecente



Que ben o entendemos!




      Foi  unha actividade superdivertida!!!!


sábado, 10 de octubre de 2015

Cartas para Chapiñas

O noso Proxecto: Unha viaxe polo Universo é muldisciplinar. 

Estas semanas estivemos traballando en lingua castelá  e lingua galega como escribir unha  carta. 

Como o fixemos?  Dun xeito moi divertido e creativo.

O noso guía Tuercas mandounos unha carta, Robociño outra e Chapiñas non ía ser menos.

A cada un deles lles fomos contestando, e así fomo practicando. 

Aquí vos deixamos algunha das cartas que lle mandamos a Chapiñas!!!