Mostrando entradas con la etiqueta Día dos Dereitos dos Nenos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día dos Dereitos dos Nenos. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de noviembre de 2016

Novas desde Bibliopepiño

Nos vindeiro días imos celebrar o Día dos Dereitos do neno e coma sempre, desde a biblioteca chéganos esta invitación.

Clica na imaxe para descubrila!

martes, 15 de noviembre de 2016

Dereitos dos nenos

O vindeiro  día, 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos dos nenos.
Desde o ano 1924 vense celebrando o Día do Neno e nena, cando as Nacións Unidas aproban en xenebra a Declaración sobe os Dereitos o neno.
Hobo que esperar ata o ano 1948, que fose aprobada unha segunda Declaración dos Dereitos do nenos, na se amplian os Dereitos, concretamente dí: A infancia ten " dereito a coidados e asistencia especial"
Finalmente, no ano 1959, apóbase a terceira Declaración deste Dereitos, máis detallada e precisa cas anteriores. Recoñece dereitos coma  a liberdade, a non discriminación, dereito a ter unha nacionalidade, a ter un nome. Dereito a educación, a saúde....
Mafalda, unha nena moi reivindicativa xunto co seu creador Quino, amósannos este Dereitos.
  
 
   
  
  
Máis información na páxina do cole

jueves, 26 de noviembre de 2015

Os murais da iniciativa " Debuxando os meus dereitos"




3º primaria CEIP A Sangriña



PP Somascos

C. San José
6º primaria CEIP A Sangriña

sábado, 21 de noviembre de 2015

martes, 17 de noviembre de 2015

lunes, 16 de noviembre de 2015

Traballando os Dereitos dos Neno

O vindeiro venres, 20 de novembro, é un día especial no almanaque xa que celebraremos o Día Universal da Infancia ou, tamén coñecido como o Día Internacional dos Dereitos no Neno.

Estes días estivemos investigando en internet, en libros, con  lecturas, vídeos, contos, que todos os nenos e nenas son persoas co dereito a ser coidado, educados, protexidos e queridos. Persoas con dereito a divertirse, a aprender a expresarse. Persoas con dereito a ir á escola, a recibir os coidados médicos que precisen, a alimentarse para medrar sen ter en conta o seu lugar de nacemento, a súa relixión, a súa cor....


Para que nos vos esquezades  que todos os nenos e nenas do mundo temos estes dereitos, botádelle unha ollada a este fermoso mural que fixemos para lembralos.


Así  foi como o fixemos!!!


lunes, 9 de noviembre de 2015

miércoles, 4 de noviembre de 2015

DEREITO A IGUALDADE

Un dereito moi importante: A igualdade.
Desde Bibliopepiño chéganos este enlace! Pincha na imaxe


martes, 3 de noviembre de 2015

DÍA UNIVERSAL DO DEREITO DOS NENOS

Durante as próximas semanas imos a lembrar que os nenos tedes Dereitos, Os Dereitos do Nenos.

Dereito a unha vida sá e alegre, a que vos den abrazos e aloumiños, a que vos lean contos, a que coiden da nosa saúde, a ter amigos.... 

Pero tamén tedes aa responsabilidade de facer que todos os nenos e nenas que vos rodean sexan máis felices!


Así foi como empezou  esta celebración:

Fai moito tempo, despois da Primeira Guerra Mundial, unha señora inglesa que se chamaba Eglantyne Jebb, a que lle encantaban os nenos, creou unha organización no se país para axudalos.


Pensou que os nenos deberían ter uns dereitos e viaxou  a Xinebra, unha cidade Suiza, para contárllelo ao Presidente da Cruz Vermella, que entonces era Gustav Ader.

En Xinebra pareceulles moi ben a idea e o 6 de xaneiro de 1920 crearon a Unión Internacional de Socorro aos Nenos. Esto alegrou moito a Eglantyne Jebb. Seguiu traballando e catro anos máis tarde conseguiu que as Nación Unidas se reuniran outra vez e pensaran todas xuntas cales eran as cousas que precisaban os nenos.

Despois de moito traballo, lograron que en 1959 se aprobara a Declaración dos Dereitos dos Nenos, na que se recollían os dez dereitos .A Asemblea Xeral da ONU recomendou que todos os países instituíran o Día Universal do Neno.

Tras a declaración dos Dereitos do Neno, en 1.989 lévase a cabo a Convención sobre os Dereitos do Neno, que tivo lugar en Nueva York na que se nomean 54 dereitos dos nenos.

Pero sabedes que son os Dereitos dos Nenos?  




Escoitade os vosos dereitos e a impotancia que teñen. 



Resumindo, estes son os 10 dereitos!



Pero tedes moitos máis. Escoitade aos nenos de 3º como os contan!

E agora, queredes cantalos? Veña!


Pero non vos esquezades que tamén tedes deberes!!! Mafalda recórdanolos



Xa coñecemos os principais Dereitos dos Nenos,durante as vindeiras semanas traballaremos sobre este importantísimo tema. 

Empezamos!!! 

Dereito a ter unha familia e que a 

sociedade nos protexa 




Conto: Sofía