Este ano celebramos o Día da Paz dun xeito diferente. Como estamos inmersos na PDI " Viajamos polo mundo, decidimos investigar como se di Paz nos distintos países, participar na canción Baile da Paz de Mamá Cabra e ... mirade o resultado.
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
domingo, 5 de febrero de 2017
jueves, 28 de enero de 2016
Conto: A bruxa enfadada
A profe Ana, trouxonos un maletín cheíño de libros para traballar valores e distintas efemérides.
Nesta ocasión eliximos un conto do autor Joles Sennell titulado: A bruxa enfadada, para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Fixemos unha adaptación ao galego e ilustrámolo. Tamén gravamos en vídeo a lectura do mesmo.
Pronto publicaremos o proceso seguido do noso traballo. Compartirémolo cos compañeiros de 2º, 3º e 4º mañá, venres, na hora de ler.
Esperámosvos no salón de actos!!! Ídelle botándo un ollo!
miércoles, 27 de enero de 2016
Mandamos os nosos puzles para segundo
Os puzles xa están preparados!
Decoramos uns sobres e metemos cada puzzle nun sobre e... listos para chegar a segundo!
viernes, 22 de enero de 2016
jueves, 21 de enero de 2016
Xa temos os primeiros puzles pola paz
Os nosos puzles
da paz xa están rematados!
A actividade
resultounos especialmente atractiva.
Nada máis ler no blog a proposta, rapidamente nos puxemos en marcha.
O primeiro que
fixemos foi buscar ilustracións alusivas
a Paz.
A continuación formamos os equipos e
repartimos as ilustracións e ... comezamos o traballo!
E con eles rematados, comeza o intercambio cos outros grupos!
Será fácil o puzle?
Que mensaxes
escribirían os nosos compañeiros?
Que
intriga!!!!
CEIP A Sangriña on PhotoPeach
Agora so nos queda preparar uns sobres para mandarllelos aos nosos compañeiros de 3º B e 2º que tamén están participando na actividade!!!
miércoles, 20 de enero de 2016
lunes, 18 de enero de 2016
Entre todos, a PAZ!
Pensamos que a Paz é cousa de todos. Queredes traballar pola Paz?
Propómosvos un traballo en grupo. Cada grupo debe escribir unha idea que favoreza a convivencia entre todos. Logo compartirémola cos demais.
Este vai ser o traballo: Un puzzle con mensaxe
Propómosvos un traballo en grupo. Cada grupo debe escribir unha idea que favoreza a convivencia entre todos. Logo compartirémola cos demais.
Este vai ser o traballo: Un puzzle con mensaxe
- Elixide un debuxo ou lámina
- Pegalo nun folio de cor
- Escribide a palabra paz sobre o debuxo como queirades
- Recortar o debuxo en seis partes .
- Cada neno colleredes unha das partes do debuxo recortado e escribiredes algo que vos pareza importante para lograr a Paz.
- Xuntamos as partes de cada puzzle, metémolas nun sobre e compartímolas cos demais compañeiros.
Podedes elixir un destes debuxos ou outro que vos guste, tamén podedes debuxar.
martes, 12 de enero de 2016
Día da Paz e Non violencia
A primeira data marcada no calendario de celebracións é a do día da Paz, 30 de xaneiro.
No blog iremos pondo entradas para recordar, traballar e celebrar esta data tan importante.
No blog iremos pondo entradas para recordar, traballar e celebrar esta data tan importante.
domingo, 13 de enero de 2013
martes, 8 de enero de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



