Mostrando entradas con la etiqueta Día das bibliotecas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das bibliotecas. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de octubre de 2015

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA

Desde a biblioteca nos envian este enlace  http://bibliopepinho.blogspot.com.es/2015/10/celebrando-o-dia-das-bibliotecas.html   

Que será?

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!

PORQUE UNHA BIBBLIOTECA NON É UN LUXO, SENÓN UNHA DAS NECESIDADES
DA VIDA


Eu fun á biblioteca , e seguirei indo.

Ti fuches á biblioteca , e gustarache seguir facéndoo.

El/ ela foi á biblioteca, e chegou cargadiño de información.

Nós fomos á biblioteca e vimos unha película.

Vós fuchedes á biblioteca e xogastedes.


Eles/ elas foron á biblioteca e fixeron ben. 



Este contiño para ler

miércoles, 21 de octubre de 2015

Un libro personalizado para cada un de vós

Para  esta semana tan especial, a Semana das Bibliotecas, as mestras queremos facervos un agasallo moi especial.


 UN LIBRO PERSONALIZADO!!!!

Querédelo?

Pois é moi sinxelo de conseguir, pinchade na imaxe e seguide as instrucións. 
Se tedes dúbidas pedide axuda. 

Non podes editalo nin mercalo pero si lelo pinchando en previsualización!!!




Despois de lelo,  deixade un comentario para  darnos a vosa opinión.



martes, 20 de octubre de 2015

Seguimos lendo!

Hoxe, de novo voltamos a biblioteca para seguir lendo  o conto SEMENTANDO CONTOS!


Estamos desexando que chegue mañá para  descubrir en que se transforman as flores. Uns dixemos que en palabras, outros  en poemas, outros en cancións e outros en libros.
Alguén levará a razón?



Portadas dos nosos libros favoritos!

Despois de recibir a invitación para participar no novo reto da biblioteca, rapidamente nos puxemos a traballar. 

Cada un de nós elixiu o seu libro favorito e  fomos contándolle aos nosos compañeiros porque nos gustaba tanto o libro.

Así foi como o fixemos.






E cando todos estiveron rematados os fomos entregar a biblioteca.

Para que serán? Estamos intrigados!!!!

lunes, 19 de octubre de 2015

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

Desde Bibliopepiño, cheganos  un resumo da actividade que levmos a cabo na biblioteca con motivo da celebración do Día das Bibliotecas : Libro SEMENTANDO CONTOS!



domingo, 18 de octubre de 2015

viernes, 16 de octubre de 2015

Un novo reto da biblioteca


Desde Bibliopepiño, a nosa bibliteca, invítannos a participar nun novo RETO!


Pincha na imaxe e infórmate!




jueves, 15 de octubre de 2015

RETO CUMPLIDO!!!

O pasado  5 de outubro recibimos unha invitación de Bibliopepiño para participar no RETO: "Fai adiviñas dun conto tradicional"


O motivo deste RETO é nada máis e nada menos que conmemorar o Día das Bibliotecas.

Decidimos escoller o conto " Os tres porquiños" Enseguida baixamos a biblioteca a buscalo.Lémolo varias veces entre todos.



Rapidamente nos puxemos a facer adiviñas, foi un pouco difícil, pero foron saíndo pouco a pouco.



RETO CUMPLIDO!!!!   PARABÉNS RAPACES!!!

martes, 6 de octubre de 2015

Participamos nas actividades da Biblio

Despois de ler a invitación de BIBLIOPEPIÑO,
decidimos participar e  escollemos o conto:


                    OS TRES PORQUIÑOS!

              Para empezar a traballar:

                              A ler e xogar!!! 

                                 



Lim feito por Ana Martínez. Grazas por compartilo!

viernes, 12 de octubre de 2012

Vídeos


Cortometraje: libros y lectura


El increíble niño come libros



Me gusta leer